O título do poema que o alumnado de 2ºESO-B rotulou para o taboleiro do POEMA DO MES non é "Camiño branco", senón o primeiro verso da composición "Dende aquí vexo un camiño". Isto é o que acontece con todos os que non teñen un título asignado pola autora ou autor, que adoptan o primeiro verso como tal.
"Camiño branco" é como titulou o grupo aCadaCanto a versión musical que fan deste texto do libro Follas Novas de Rosalía de Castro. A intrepretación que fixeron no fermoso marco dos xardíns da catedral de Tui podedes vela no seguinte enlace.
Rosalía fálanos dun camiño branco que representa ese anceio de percorrer lugares novos, de fuxir da cotidianeidade, de deixar atrás cousas que nos pesan no corazón. Mais Rosalía sabe que do que non podemos fuxir é do que nós mesmas somos: "Nin fuxo, non, que anque fuxa / dun lugar a outro lugar, / de min mesma, naide, naide, / naide me libertará."
Dende
aquí vexo un camino
que non sei adónde vai;
polo mismo que n'o sei,
quixera
o poder andar.
Istreitiño sarpentea
antre prados e nabals,
i
anda ó feito, aquí escondido,
relumbrando máis alá.
Mais sempre, sempre
tentándome
co seu lindo crarear,
que eu penso, non sei por qué,
nas vilas
que correrá,
nos carballos que o sombrean,
nas fontes que o
regarán.
Camiño, camiño branco,
non sei para dónde vas;
mais
cada vez que te vexo,
quixera poderte andar.
Xa collas para
Santiago,
xa collas para o Portal,
xa en San Andrés te deteñas,
xa
chegues a San Cidrán,
xa, en fin, te perdas...
¿quén sabe en dónde?,
¡qué máis me
dá!
Que ogallá en ti me perdera
pra nunca máis me atopar...
Mais
ti vas indo, vas indo,
sempre para donde vas,
i eu quedo encravada en
onde
arraigo ten o meu mal.
Nin fuxo, non, que anque fuxa
dun
lugar a outro lugar,
de min mesma, naide, naide,
naide me libertará.
Ningún comentario:
Publicar un comentario