Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!
martes, 17 de decembro de 2013
Días de Nadal e Banda deseñada.
Achégate á biblioteca e leva comics para ler no Nadal.
Estas son as nosas propostas, algunhas delas acabadiñas de chegar!
Feirón de Nadal
Neste Nadal, agasállate cun libro. Podes collelo de balde para lelo, regalalo, intercambialo...Os que hai na mesa da entrada son para mirar, follear, e levar o que che pareza! Polo Nadal desfruta da lectura e agasalla libros!
luns, 16 de decembro de 2013
Días de Nadal e Banda Deseñada na Biblioteca
Este Nadal, dende Laponia, chegou o Papa Noel á biblioteca do Bouza, cargado cun saco de Comics. Ven saudalo e leva algún para ler nas vacacións!!
mércores, 4 de decembro de 2013
CONTOS DE MEDO NA BIBLIOTECA DO BOUZA
O
pasado xoves 28 de novembro lemos e contamos pequenos relatos de medo
na biblioteca, deses que non che deixan durmir...
Comezou
Carmelo Cacabelos a escuras,
cun arrepiante conto curto:
“El caso de Charles Dexter Ward”, novela escrita por H. P.
Lovecraft.
Seguidamente
Cristina Souto leunos, valéndose só coa luz que daba un
pequeno foco: “En el desván”, un microconto
finalista do I certame de microrrelatos de terror Artgerust.
Anxo Oubel contounos “Un
caso de Licantropía” de Agustín Fernández Paz
e Sabela Figueira achegounos ao medo co epílogo de Xabier P.
Docampo en “Cando petan na porta pola noite”.
Cristian contounos a
historia de Xuxo Caramuxo, un mariñeiro de Cambados,
fachendoso e atrevido que, logo de ter navegar os cinco mares, mexou
de medo no medio e medio da noite cando aconteceron sucesos que non
se poden contar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

