O pasado 7 de novembro de
2014 entregáronse no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago os
galardóns da III convocatoria do Campionato Galego de Formación
Porfesional, “Galiciaskills 2014”.
Trátase dunha
competición, fundamentalmente práctica, na que alumnos de
diferentes centros educativos galegos compiten en diversas skills ou
especialidades de Formación profesional.
Nesta covocatoria
resultou premiado na categoría de Control Industrial Miguel García
López, alumno que está a cursar o Ciclo Superior de Automatización
e Robótica Industrial no IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de
Arousa.
Este alumno formará
parte da selección galega que participará na 35 edición do
”Spainskills 2015” que terá lugar o vindeiro mes de abril en
Madrid.
Os nosos pararabéns!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario