Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

mércores, 5 de novembro de 2014

Biblioteca escolar... matemático!!!

Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa así a liña iniciada no pasado curso, coa que se pretende incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe. Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean. 

O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado. 

martes, 21 de outubro de 2014

venres, 10 de outubro de 2014

I Xornadas Fermín Bouza Brey

I Xornadas Fermín Bouza Brey adicadas a Díaz Castro en Vilagarcía

Rematamos no Fermín Bouza Brey as tan esperadas Xornadas arredor da figura de Díaz Castro. Agardamos que as disfrutárades e que vos fosen de probeito. Pasaron polo noso centro autores e estudosos da figura de Díaz Castro como Armando Requeixo, Alonso Montero, Emilio Insua, Luís Rey, X.A Cascudo ou Alfonso Blanco. Tamén tivemos o inmenso pracer de contar con Mini e Sasha que, xunto co noso Dimas, puxeron a banda sonora das Xornadas. Foron dous días intensos e marabillosos que puidestes seguir en directo a través do noso Twitter @literatosbrey. Os nosos parabéns a toda a comunidade educativa pola súa entusiasta participación.


martes, 16 de setembro de 2014

I Xornadas Fermín Bouza Brey

Comezamos este curso, alá por onde o deixáramos en xuño, lembrando ao noso querido Díaz Castro, homenaxeado nas letras galegas deste ano 2014. En outubro terá lugar no noso Instituto un congreso arredor da súa figura. Aqui tedes o cartel e os dípticos informativos do evento. Estades todas e todos convidados!