Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

luns, 14 de outubro de 2013

PIDE O LIBRO QUE CHE PETE!


Achegádevos á biblioteca do Bouza Brey e suxeríde a adquisición de libros, música, pelis, revistas ou calquera fondo que non atopedes e que gostaríades de ler, ver, escoitar...




Neste buzón vermello propoñede todo aquelo que botedes de menos 
e intentaremos atender ás vosas peticións.

domingo, 24 de outubro de 2010

Apertura

Benvidas e benvidos o blogue da Biblioteca do IES Fermín Bouza Brey!
Este espacio nace con vontade comunicadora. Como tal, acollerá todo tipo de informacións e procurará convertirse nun lugar de intercambio. Pero isto depende de todos nós, comunidade do Bouza Brey,  e da nosa vontade. Queremos escoitar dende xa os vosos comentarios nunha sección aberta para tódalas suxestións e opinións que queirades facernos chegar. Tamén para falarnos das cousas que queredes atopar na vosa visita, non só a este espacio na rede, senón tamén na biblioteca do centro. 
Agardamos expectantes.

"Algo para todos na Biblioteca!" Kelly Freas