O pasado día 29 de xaneiro veu ao noso IES o profesor "ad honorem" da USC, Antonio Costa Rico para explicarnos múltiples cuestións relacionadas coa vida universitaria: as modificacións nas probas da ABAU, as notas de corte, os graos que existen na USC, os créditos, as residencias universitarias, as becas, os programas como Erasmus ou Sócrates etc. Todos eles de moito interese para o alumnado de 2ºBach. que seguiu moi atento as explicacións desta charla que se prolongou durante case dúas horas.
Ademais, o alumno Diego Santorum deu lectura ao texto enviado polo ex-alumno César Barreiro sobre a súa experiencia na USC. César non puido estar presente na charla, xa que foi imposíbel sincronizar a súa axenda de estudante de Odontoloxía (o comezo das prácticas do segundo cuadrimestre) coa do profesor Costa Rico, cuxas obrigas académicas levárono a universidades do fóra do noso país nas datas anteriores ao comezo da segunda parte do curso na USC.
Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!
domingo, 9 de febreiro de 2020
CELEBRANDO O DÍA DA PAZ
O 30 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Paz. É certo que nos últimos anos ten decaído está celebración tan sinalada no calendario escolar. Son moitas as efemérides que enchen os calendarios e resulta complicado tratar todos os temas que se van conmemorando día tras día. Porén, a pesar da pouca incidencia que tivo este ano no noso centro, pensamos que é unha data moi importante, que permite reflexionar sobre moitas cuestións esenciais para os seres humanos e que, por desgraza, segue sendo necesario facelo á vista dos acontecementos que vemos hoxe no mundo.
DESPLASTIFICÁNDONOS NA BIBLIOTECA CON DIEGO LODEIRO E TROPAVERDE

Os venres 31 de xaneiro e 7 de febreiro tivemos dúas interesantísimas sesións na Biblioteca sobre o que xeramos, a xestión do mesmo, a necesidade de separar e reciclar e, sobre todo, de reducir o uso dos plásticos dun só uso na nosa vida cotián. A actividade preparouna a Biblioteca do noso IES en colaboración con Diego Lodeiro, ex-alumno do Bouza Brey e integrante de Tropaverde, empresa de economía circular que ten como principal ocupación fomentar hábitos de reciclaxe entre a poboación de diversos concellos galegos, de fóra de Galiza e incluso en distintas cidades europeas.
Comezamos cunha actividade motivadora para ver que coñecementos previos tiñamos sobre a materia. Foi un divertido kahoot que resolvemos por equipos. En cada quenda, o grupo gañador recibiu un agasallo ecolóxico.
Logo adentrámonos no mundo dos residuos a través dunha charla interactiva a cargo de Diego Lodeiro. Nela puidemos reflexionar sobre o impresionante volume de lixo, especialmente plástico, que xeramos no noso consumo diario.
Ao rematar a sesión entregouse a cada alumna e alumno unha folleto cunha enquisa sobre os hábitos de consumo doméstico. A enquisa tiña como obxectivo que se reflexionase en familia, no fogar, sobre o que facemos realmente en relación ao medioambiente, non só o consumo de plásticos, senón o consumo de enerxías non renovábeis.
Na segunda sesión fixemos unha posta en común de todas as preguntas da enquisa asignándolle ás respostas uns valores numéricos, positivos ou negativos. Finalmente puidemos cuantificar, de maneira meramente orientativa, a calidade dos nosos hábitos en relación co medioambiente.
Para rematar, Diego Lodeiro explicou que é Tropaverde e as accións que o Concello de Vilagarcía promove a través das actividades desta entidade.
Dende a Biblioteca seguiremos traballando este tema vital para o futuro do planeta. A enorme satisfacción cos resultados da actividade fainos pensar na posibilidade de levala adiante con outros niveis, xa que desta volta participou o alumnado de 1º e 2ºESO. É complexo organizalo, pero con seguridade, paga a pena.
venres, 31 de xaneiro de 2020
CONCURSO DE CONTACONTOS: DESPLASTIFICÁNDONOS
Estas imaxes son a mellor proba do éxito da edición deste ano do Concurso de Contacontos. O tema: Desplastificándonos. Un convite a pensar os nosos hábitos diarios de consumo, a presenza absurdo e abafante dos plásticos nas nosas vidas.
Excelente o traballo dos concursantes!
Para rematar a velada e para que o xurado puidese levar a cabo o seu difícil traballo, tivemos a intervención especial de Clarisse Gallego Fontaine para sensibilizarnos sobre o problema ambiental que supón o uso masivo de plásticos.
As premiadas e premiados:
1ºESO
Meghan Gallego Fontaine: 1º Premio
Pablo Framiñán: 2º Premio
Martín Rico: Mención especial do xurado
2ºESO
Áurea Novás: 1º Premio
Brais Chaves: 2º Premio
3ºESO
Sandra Rodiño: 1º Premio
Diana Negro: 2º Premio
QUE VEMOS NO CEO DA NOITE?
Rematabamos o trimestre pasado cunha interesante actividade dirixida por Manuel, o profe de Física e Química, sobre o Universo. Planetas, satélites, estrelas, galaxias, as dimensións cósmicas, os buratos negros...
Foron unhas divertidas sesións coa escusa de facermos o préstamo especial de Nadal para levar libros chulos para ler, ver e gozar nas vacacións
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








