Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

mércores, 27 de abril de 2016

25 de Abril na Biblioteca



A Pontevedra de Castelao

Hoxe, estivemos no museo de Pontevedra vendo a exposición Castelao Artista. Os fundamentos do seu estilo (1905-1920), que reúne por primeira vez todas as obras de gran formato, das que hoxe temos constancia, que executou o noso xenial artista e que se encontran en Galicia. Paseamos tamén por Pontevedra, coñecendo as súas fermosas rúas e prazas e aqueles recunchos por onde transcorreu a vida do autor, con anterioridade a 1936.


venres, 22 de abril de 2016

William Shakespeare. 400 anos



CATROCENTOS ANOS DA MORTE DE SHAKESPEARE

Polo cabodano de Shakespeare sacamos os fondos  da biblioteca ás vitrinas do corredor para que os vexades mellor e vos animedes a levalos en préstamo. O Rei Lear, Romeo e Xulieta, Hamlet, Macbeth  e outros moitos que seguramente xa coñecedes polo cine. Aventurádevos na súa lectura!

 


CONCURSO CUARTO CENTENARIO DE CERVANTES E SHAKESPEARE.


Conmemóranse 400 anos do "pasamento" de Miguel de Cervantes e William Shakespeare.

Resposta ás seguintes preguntas e terás un agasallo. Anímate!!!!!
Entrega o cuestionario cuberto na túa biblioteca antes do 6 de maio.