Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

venres, 22 de abril de 2016

Pintando a dous grandes da literatura

Shakespeare  e Cervantes





No 400 cabodano de Miguel de Cervantes

Exposición de fondos da biblioteca aproveitando o 400 aniversario da morte do autor.




Un cesto de mazás.

Onte tivemos con nós a Montse Fajardo no club de lectura. Coversamos con ela e intecambiamos opinións sobre o seu último libro "Un cesto de mazás". Ademais, os rapaces e rapazas de 1º de bacharelato tamén o leron e tiveron a oportunidade de escoitar a Montse falar da represión sobre as mulleres tras o golpe de estado do 36. Foron eles os autores dos traballos que, sobre o libro, se atopan expostos na caferería. Por outra banda, tamén situaron aos protagonistas, todos eles vítimas da represión, no mapa que podedes ver na biblioteca, do que prende unha árbore chea de mazás. Dende aquí agradecemos a Montse este conmovedor alegato contra a barbarie, un facho de luz fronte á desmemoria. Así mesmo, mostrámoslle o noso agradecemento pola súa xenerosa visita e decímoslle que volva cando queira. 


xoves, 14 de abril de 2016

Manuel María tamén na cafetería!

Nesta primavera de 2016, versos do poeta chairego colorean as paredes da cafetería do Bouza Brey .

Con Manuel María nós tamén desexamos infinitas primaveras máis para a nosa lingua!