Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

luns, 11 de abril de 2016

Non canta na Chá ninguén...

Xa temos outro novo poema da semana grazas á prolífica actividade dos nosos compañeiros artistas de segundo da ESO. Desta vez elixiron O Carro, versos ilustrados do noso benquerido Manuel María. Aquí tendes o poema con música de Fuxan os Ventos. Mirade que bonito lles quedou.

Non canta na Chá ninguén,
por iso meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.
Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío,
anque é, as vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío.
O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
Qué fermosa e a sua feitura!
Qué lixereza a do eixo!
As cousas vanse aledando
por onde meu carro pasa.
Carrétame herba pro gando!
Traime a colleita pra casa!


Expendedor de poemas

Xa chegou o expendedor de poemas á biblioteca do Bouza, abre a tapa e leva un poema, de baixón ou de subidón segundo o teu estado de ánimo. Podes collelo, do mesmo xeito, para facer un agasallo a outra persoa, son de balde! Ademais, se depositas poemas no expendedor, propios ou doutros autores que che gusten, contribúes ao seu funcionamento. Regálanos uns versos!

xoves, 7 de abril de 2016

Alonso Montero achéganos ao Quijote

Alonso Montero volveu visitar á rapazada do Fermín Bouza Brey, desta vez para falarlles do Quijote, no IV centenario da morte do seu autor, Miguel de Cervantes. Xunto a él Heloise, encargada da presentación.


luns, 4 de abril de 2016

Exposición de fondos

Expoñemos fondos, existentes na biblioteca, dos autores que levan o nome de Ramón e que son obxecto do concurso. Así mesmo e concidindo co 150 aniversario do nacemento do autor de 'Luces de Bohemia', dedicamos unha das nosas vitrinas ao escritor arousano.







Participa no concurso!

OS RAMÓNS
Trátase de relacionar os textos cos autores aos que pertencen. Todos eles teñen en común o nome de Ramón: Ramón María del Valle Inclán, Ramón María Aller, Ramón Vilar Ponte, Ray Bradbury, Juan Ramón Jimenez, Ramón Otero Pedraio, Ramón Llul, Raimon Pelegero, Ramón Cabanillas, Raymond Queneau, Ramón J. Sender, Ramón Villares, Ramón Gómez de la Senra, Ramón Caride, Ramón Chao, Ramón Piñeiro. 

Hai 16 textos de 16 Ramóns diferentes.

Recolle a ficha, cúbrea e deposítaa no buzón. 

Anímate e participa!