Outro ano máis, no Fermín Bouza Brey, organizamos o II Certame fotográfico polo día da muller traballadora. Baixo o lema: Feminino/Masculino? Rachando estereotipos!, animamos ao alumnado a participar, con fotografías que amosen imaxes de homes realizando tarefas ou actividades tradicionalmente atribuídas ás mulleres. As imaxes acompañaranse dun texto explicativo que non sobrepase os 140 caracteres. O correo da biblioteca, a onde poderedes enviar os traballos, é o seguinte: beiesferminbouzabrey@gmail.com
Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!
mércores, 17 de febreiro de 2016
O galego regresa ao futuro!
Este ano, o alumnado do IES Fermín Bouza Brey presentouse de novo ao Concurso Gráfico de Adhesivos pola Normalización Lingüística, que tivo como lema: "O galego regresa ao futuro. 100 anos máis pola lingua". O concurso vai dirixido a todos os institutos do Salnés e nel participan varias categorías: ESO, BACH e Ciclos. O alumno Jhonatan Nogueira Aragunde levou o 2º premio na súa categoría. A continuaión, e tamén na cafetería do centro, poderedes ver todos os traballos expostos.
venres, 5 de febreiro de 2016
mércores, 3 de febreiro de 2016
Antroido 2016
A Biblioteca do Bouza tamén se viste de Antroido e, para celebrar tan sinaladas datas, encheu a sala de máscaras. Unha exposición de fondos da biblioteca saca dos andeis estudos sobre o antroido en Galicia, o carnaval de Río no Brasil e mesmo o de Venecia. Con esta celebración achegámonos á fin do inverno pero tamén entramos na coresma, que son eses 40 días precedentes á Pascua na tradición católica, durante os que non se pode comer carne.
“Adeus martes de Entroido,
adeus, meu amiguiño,
ata Domingo de Pascua
non comerei máis touciño”
Son estas, polo tanto, datas de desenfreo e liberación onde o único prohibido é non participar e enfadarse. Achegádevos á biblioteca para saber algo máis sobre esta festa de longa tradición popular en Galicia e, o máis importante, festexádea moito e ben!
Fanzineando en 1º da ESO
Ao longo deste mes de xaneiro ides poder ver a exposición de FANZINES elaborados polo alumnado do 1º curso da ESO en Educación Plástica. Trátase de mini publicacións nas que os autores e autoras desenvolven ideas a partir de debuxos, textos ou collages.
Achegádevos e botádelle un ollo, vanvos encantar!
Animádevos a fanzinear tamén!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















