Decoramos unha das vitrinas da Biblioteca cunha árbore de minerais, rochas e fósiles. Se identificas cada unha delas e o fas correctamente poderás levar un agasallo.
Con motivo do "Ano Internacional da luz e as tecnoloxías baseadas na luz", organizamos ao longo deste curso unha serie de actividades relacionadas con este tema. Aproveitando estas datas de Nadal celebramos o solsticio de inverno, cunha exposición de infografías arredor da luz. Para completar a mostra, fixéronse uns carteis informativos e dous grandes debuxos de Ra e Isis, ademáis do enorme sol de Poliuretano que colga do teito. O traballo foi elaborado por alumnos da ESO de tecnoloxía, baixo a coordinación do seu profesor Carmelo Cacabelos e do equipo da Biblioteca escolar. Estará exposta na cafetería do centro ata o mes de xaneiro do ano que ven.