Despois dun longo inverno, visitounos por fin a Primavera e con ela chegaron tamén grandes doses de alegría, que tanta falta nos facía, nas flores, nos libros, na arte, na poesía...
"Son Koblai, da tribu de Zalb. Son Iraquí e musulmán, son árabe, son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo."
A dignidade e a esperanza, a narración da loita contra un destino imposto e a recuperación duns soños coartados pola guerra. Manuel Lourenzo trouxo a historia de Khaled e o seu signo nos tempos modernos, e de viva voz falounos e fíxonos revivir a historia deste Irmán do vento. Sucedeu onte e aquí tedes a súa repercusión mediática:
Os alumnos e alumnas de Lingua e Literatura Galega, guiados pola súa profesora Isabel Avión, fixeron un traballo sobre mulleres xornalistas que, a xeito de exposición, podemos observar na entrada do instituto. A mostra encádrase nas actividades levadas a cabo no Fermín Bouza Brey con motivo da celebración do 8 de marzo.