A Biblioteca do Bouza Brey quere lembrar ao escritor Miguel Suárez Abel, que foi o director que levou as rendas do IFP Fontecarmoa nos anos 80. Ese nome era o que recibía o noso centro naquela época. Miguel foi fundador da revista BARDOS. Escribiu novelas como
Turbo, sobre o mundo do narcotráfico;
Selva negra, relatos onde aparece un retrato da vida nun instituto de FP, trasunto do noso propio centro, e
Sabor a ti, que é unha novela sentimental. Tamén escribiu
O repenique de Beatriz Goldar e
Nunca te vin chorar. Miguel deixounos o 18 de abril.
Convidámosvos a visitar o seu blog, onde deixou desacougante testemuño dos últimos meses da súa vida: suarezabel.blogspot.com/
No Bouza aínda segue vivo algún dos seus proxectos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario