Páxinas

xoves, 30 de abril de 2015

9 de Maio. Día de Europa

Otras herramientas
Otras herramientas
O Día de Europa celebra a paz e a unidade do continente europeo. A data é o aniversario da histórica "declaración de Schuman". 

Nun discurso pronunciado en París en 1950, o ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schuman, espuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política en Europa que fixera impensable unha nova guerra entre as nacións europeas. A proposta de Schuman considérase o comezo do que é hoxe a Unión Europea e, dende aquela, sucédense actos de celebración cada 9 de maio.

No Bouza Brey, o alumnado de 1º da ESO quixo conmemorar este día cunha fermosa exposición, que podedes atopar na entrada do IES.




Fermín Bouza Brey polas Letras Galegas 2015

Exposición dos fondos existentes na nosa Biblio sobre Bouza Brey.
Están á vosa disposición e podedes facer uso deles!   




Moitos Parabéns!

Os alumnos de 4º da ESO Davíz Álvarez, Javier Diz e Cesar Barreiro 
foron os afortunados gañadores do concurso. 
Os nosos parabéns! 

mércores, 15 de abril de 2015

Día do libro. Participa no concurso!

Recoñece os textos. Con que obra se corresponden?
Introduce no buzón as respostas e participa!












luns, 13 de abril de 2015

Bouza Brey interpreta a Nao Senlleira

Na entrada do IES
O alumnado de 2º da ESO móstranos a súa particular visión de Bouza Brey e da súa Nao Senlleira. 





Xa era hora!

CHEGOU A PRIMAVERA AO BOUZA!

Achégate á sala de lectura e colle o tríptico no que te poderás informar das últimas novedades recén chegadas á biblioteca. Libros, música, banda deseñada...






xoves, 9 de abril de 2015

TÍNTÍN. O Loto Azul

UNHA NOVA RECOMENDACIÓN DA TÚA BIBLIOTECA